lunes, 8 de abril de 2024

TRABALLO COOPERATIVO DE ESTRUCTURAS DO ALUMNADO DE 2º ESO

 Durante o segundo trimestre o alumnado de 2º da ESO estivo a traballar en temas importantes coma o son as estructuras e os mecanismos. 


Polo tanto, realizamos un proxecto no cal todo o alumnado traballaría na construcción (estructura) dun dispositivo que a lo menos tiña que conter un mecanismo. Para iso, fixemos 5 grupos de traballo, cada un cun tipo de mecanimos e estructura diferente.

A experiencia foi enriquecedora, xa que se fixo todo a través de xogos permitindo unha gamificación en tempo real, na cal o alumnado podía extraer as súas posibles conclusións e propoñer outras alternativas ou solucións.


QUEDARON CON GANAS DE REPETIR¡¡¡¡

miércoles, 3 de abril de 2024

Visita ao Parque de Bombeiros de Teis 1º e 2º ESO

 Moi interesante o que aprendimos o 22 de marzo no parque de bombeiros . Na visita os alumnos de 1º e 2º da ESO  coñeceron de primeira man como se vive unha garda no parque, como é o día a día de traballo dos bombeiros, o seu ximnasio, os vehículos cos que traballan  e ata onde cociñan e descansan...Unha oportunidade única que suguro despertou vocacións.

























jueves, 21 de marzo de 2024

Nouvelle Cuisine!!!

 Coucou!

Hoxe queremos partillar con vós unha experiencia verdadeiramente deliciosa que tivemos no cole. 

O alumnado de segundo da ESO participou nunha actividade que combinou a cociña francesa e o francés dun xeito diferente. Os nosos chefs puxéronse máns a obra para preparar unha variedade de receitas riquísimas, dende "crêpes" ata "croissants". 

A diversión non terminou na cociña. Despois de preparar as súas creacións, os estudantes tiveron a oportunidade de presentar os seus pratos en francés, describindo os ingredientes e o proceso de elabroración. Foi unha forma excelente de pór en práctica o aprendido na clase, mellorar às súas habilidades na lingua francesa e introducirse na gastronomía francesa.

E, por suposto, non podíamos olvidar a parte máis agardada; ¡a degustación e a votación!. Probamos todas as receitas e votamos as nosas receitas favoritas. ¿Cal pensades que foi a receita gañadora?














jueves, 7 de marzo de 2024

NA ESO TAMÉN SABEMOS DIVERTIRNOS NO ENTROIDO

 Saíndo de peliqueiros, presentando o concurso, desfilando ou gañando a cesta do entroido, na ESO tamén sabemos que é isto do Entroido. Aquí tedes a proba.